Concurso para a elección do escudo

29.07.2014 00:30

Ábrese de xeito público o proceso para escoller o escudo da Unión Deportiva Ourense, que finalizará o xoves, día 31 de xullo, na asamblea a celebrar en lugar e hora que se anunciarán o día 29 de xullo.

Os pasos serán os seguintes:

1.- Tod@s os seareir@s que o desexen poden dirixir as súas propostas ao grupo de traballo constituído pola plataforma SOSCDOURENSE máis un representante de cada unha das peñas representativas, a través deste blog na súa sección de comentarios, do correo soscdourense@hotmail.com, ou do grupo de facebook, "SOS CD OURENSE". Só se admitirá unha proposta por persoa.

2.- O prazo vai desde este momento ata o xoves, día 31 de xullo, ás 16:00h.

3.- O grupo de traballo escollerá catro das propostas presentadas o mesmo xoves pola tarde.

4.- Como requisito o escudo debe contar ca imaxe da Virxe de Covadonga.

5.- O xoves día 31 de xullo, a asamblea decidirá entre as catro propostas do grupo de traballo, cunha primeira votación da que sairán as dúas propostas máis votadas, e unha segunda volta na que se escollerá o nome definitivo entre as dúas anteriores.