Novedades

Asamblea do día 31 de xullo

29.07.2014 14:37

Confírmase unha nova Asamblea Xeral para o día 31 de xullo.

Terá lugar ás 20:00h, no Salón de Actos do Centro Cultural da Deputación.

Asamblea Xeral o día 31 de xullo

29.07.2014 00:31

Ao longo do día de mañá confirmaremos a hora e o lugar nos que se realizará a seguinte Asamblea Xeral de Socios, que terá lugar o día 31 de xullo.

Concurso para a elección do escudo

29.07.2014 00:30

Ábrese de xeito público o proceso para escoller o escudo da Unión Deportiva Ourense, que finalizará o xoves, día 31 de xullo, na asamblea a celebrar en lugar e hora que se anunciarán o día 29 de xullo.

Os pasos serán os seguintes:

1.- Tod@s os seareir@s que o desexen poden dirixir as súas propostas ao grupo de traballo constituído pola plataforma SOSCDOURENSE máis un representante de cada unha das peñas representativas, a través deste blog na súa sección de comentarios, do correo soscdourense@hotmail.com, ou do grupo de facebook, "SOS CD OURENSE". Só se admitirá unha proposta por persoa.

2.- O prazo vai desde este momento ata o xoves, día 31 de xullo, ás 16:00h.

3.- O grupo de traballo escollerá catro das propostas presentadas o mesmo xoves pola tarde.

4.- Como requisito o escudo debe contar ca imaxe da Virxe de Covadonga.

5.- O xoves día 31 de xullo, a asamblea decidirá entre as catro propostas do grupo de traballo, cunha primeira votación da que sairán as dúas propostas máis votadas, e unha segunda volta na que se escollerá o nome definitivo entre as dúas anteriores.

Estatutos e enmendas

22.07.2014 17:06

Deixámosvos os estatutos que se presentarán mañá na Iª Asamblea Xeral de Socios para a súa aprobación, e as normas para a presentación de enmendas.


Estatutos UDO.pdf (118756)

 

enmendas.pdf (28767)
 

Anuncio dos Estatutos

21.07.2014 23:14

Mañá pola mañá colgaremos nesta páxina os estatutos que serán presentados o mércores na Iª Asamblea Xeral de Socios.

Aceptaranse enmendas e propostas de modificación por vía de correo electrónico, tal e como se indicará tamén no día de mañá.

Concurso para a elección das cores da Unión Deportiva Ourense

20.07.2014 23:37

Ábrese de xeito público o proceso para escoller as cores do novo clube, que finalizará o mércores, na asemblea a celebrar ás 20:00h, no Edificio Simeón.

 

Os pasos serán os seguintes:

 

1.- Tod@s os seareir@s que o desexen poden dirixir as súas propostas ao grupo de traballo constituído pola plataforma SOSCDOURENSE máis un representante de cada unha das peñas representativas, a través deste blog na súa sección de comentarios, do correo soscdourense@hotmail.com, ou do grupo de facebook, "SOS CD OURENSE". Só se admitirá unha proposta por persoa. A proposta de equipación terá que costar de camiseta, pantalóns e medias. E deberá ser adxunta en formato PDF, jpg. Tamén se poden facer os deseños a man e logo fotografalos e facelos chegar por calquera dos métodos anteriores.

Cada proposta comprenderá primeira e segunda equipación.

 

2.- O prazo vai desde este momento ata o mércores, día 23 de xullo, ás 16:00h.

 

3.- O grupo de traballo escollerá catro das propostas presentadas o mesmo mércores pola tarde.

 

4.- O mércores día 23 de xullo, a asemblea decidirá entre as catro propostas do grupo de traballo, cunha primeira votación da que sairán as dúas propostas máis votadas, e unha segunda volta na que se escolleran as cores definitivas entre as dúas anteriores. Esto realizarase para as dúas equipacións, polo que serán dúas votacións distintas, unha para cada unha delas.

5.- Deixamos un par de enlaces por se poden ser de axuda a hora de deseñar as nosas futuras equipacións.

- http://www.futbolparatodosweb.com/camisetas/futbol/home.html (non permite gardar, pero si facer unha captura de pantalla)

- http://www.mobelsport.es/configurador/ (permite gardar os deseños en formato jpg)

 

FORZA UNION DEPORTIVA OURENSE

Comunicado e convocatoria da Iª Asamblea de Socios da Unión Deportiva Ourense

19.07.2014 00:26

Nestes últimos días estivemos traballando intensamente.

A Unión Deportiva Ourense quedou rexistrada na Xunta, e inscrita na Federación Galega de Fútbol, na categoría de Terceira Rexional. Tamén se pagou o aval de 1500 euros para que poidan competir na campaña 2014-2015 un primeiro equipo e todas as categorías de base.

Como saberá a maioría, levouse a cabo unha reunión cos dirixentes do antigo Ponte Ourense, que desde este ano competirá como Ourense C.F. Na mesma propúxose unha integración da plataforma no seu proxecto, pero non se chegou a concretar, polo que seguiremos o noso camiño, intentando recoller o sentir do ourensanismo, e a lembranza de CD Ourense.

Mantivéronse outras reunións con representantes do mundo do fútbol e de distintos ámbitos das forzas vivas da cidade, e colleitamos unha serie de apoios que se farán públicos nos vindeiros días.

De cara á próxima semana temos unha axenda moi intensa. En primeiro lugar, procuraremos reunirnos coas institucións, Xunta, Deputación e Concello, para que se comprometan con este novo proxecto, que pretende ser representativo da cidade e da provincia de Ourense, partindo dende abaixo, para que permitan que a Unión Deportiva Ourense xogue os seus partidos no Estadio do Couto, así como empregar as instalacións de Salesianos para a nosa base.

O martes 22 ás 20:30h, no Centro Cultural da Deputación,  desenvolverase unha rolda de prensa na que se informará de todo o anterior.

O mércores  23 ás 20:00h, tamén no Centro Cultural da Deputación, terá lugar a Iª Asamblea de Socios da Unión Deportiva Ourense, na que se aprobarán os estatutos, as cotas de socios e aboados de cara á 2014-2015, e se escollerán as cores e o escudo do clube. O proceso será similar ao realizado para a elección do nome do clube, polo que se publicarán nas próximas horas as normas para todos aqueles que queiran participar e presentar os seus proxectos.

Recordamos que para participar na asamblea, os interesados deben enviar por correo o formulario que figura na páxina de inicio á dirección de correo soscdourense@hotmail.com, ou ben presentalo físicamente no momento de acceder ao lugar da xuntanza.

Contamos con todos vós!!!

FORZA UD OURENSE!!!

Conta de twitter non oficial

11.07.2014 00:18

Dende a Plataforma SOSCDOURENSE queremos deixar claro que a conta @UDOurense é allea á mesma, e polo tanto non nos responsabilizamos do seu contido, nin o asumimos coma propio

Convocatoria para o xoves, 10 de xullo.

09.07.2014 17:46

A Plataforma de seareir@s de CD Ourense, SOSCDOURENSE


Convoca a todas as persoas interesadas a unha nova reunión o próximo xoves 10 de xullo ás 20:00h no estadio de O Couto.
Nesta reunión explicaranse os avances realizados nos últimos días de cara á creación dun novo clube representativo da cidade e da provincia de Ourense, polos socios, dos socios, e para os socios.


Tamén se escollerá o nome do novo clube por votación popular entre todos os presentes.


Agardamos a presenza de todos vós!!!


Contacto: soscdourense@hotmail.com

Proceso para escoller o nome do novo clube

07.07.2014 12:37

Ábrese de xeito público o proceso para escoller o nome do novo clube, que finalizará o xoves, na asamblea a celebrar ás 20:00h, no Estadio do Couto.

Os pasos serán os seguintes:

1.- Tod@s os seareir@s que o desexen poden dirixir as súas propostas ao grupo de traballo constituído pola plataforma SOSCDOURENSE máis un representante de cada unha das peñas representativas, a través deste blog na súa sección de comentarios, do correo soscdourense@hotmail.com, ou do grupo de facebook, "SOS CD OURENSE". Só se admitirá unha proposta por persoa.

2.- O prazo vai desde este momento ata o mércores, día 9 de xullo, ás 16:00h.

3.- O grupo de traballo escollerá catro das propostas presentadas o mesmo mércores pola tarde.

4.- O xoves día 10 de xullo, a asamblea decidirá entre as catro propostas do grupo de traballo, cunha primeira votación da que sairán as dúas propostas máis votadas, e unha segunda volta na que se escollerá o nome definitivo entre as dúas anteriores.

 

Se abre públicamente el proceso para escoger el nombre del nuevo club, que finalizará el jueves, en la asamblea que se celebrará a las 20:00h, en el Estado de O Couto.

Los pasos serán los siguientes:

1.- Tod@s los aficionad@s que lo deseen pueden dirigir sus propuestas al grupo de trabajo constituido por la plataforma SOSCDOURENSE más un representante de cada una de las peñas representativas, a través de este blog en su sección de comentarios, del correo soscdourense@hotmail.com, o del grupo de facebook, “SOS CD OURENSE”. Sólo se admitirá una propuesta por persona.

2.- El plazo va desde este momento hasta el miércoles, día 9 de julio, a las 16:00h.

3.- El grupo de trabajo escogerá cuatro de las propuestas presentadas el mismo miércoles por la tarde.

4.- El jueves día 10 de julio, la asamblea decidirá entre las cuatro propuestas del  grupo de trabajo, con una primera votación de la que saldrán las dos propuestas más votadas, y una segunda vuelta en la que se escogerá el nombre definitivo entre las dos anteriores.

Elementos: 1 - 10 de 17
1 | 2 >>