Concurso para a elección das cores da Unión Deportiva Ourense

20.07.2014 23:37

Ábrese de xeito público o proceso para escoller as cores do novo clube, que finalizará o mércores, na asemblea a celebrar ás 20:00h, no Edificio Simeón.

 

Os pasos serán os seguintes:

 

1.- Tod@s os seareir@s que o desexen poden dirixir as súas propostas ao grupo de traballo constituído pola plataforma SOSCDOURENSE máis un representante de cada unha das peñas representativas, a través deste blog na súa sección de comentarios, do correo soscdourense@hotmail.com, ou do grupo de facebook, "SOS CD OURENSE". Só se admitirá unha proposta por persoa. A proposta de equipación terá que costar de camiseta, pantalóns e medias. E deberá ser adxunta en formato PDF, jpg. Tamén se poden facer os deseños a man e logo fotografalos e facelos chegar por calquera dos métodos anteriores.

Cada proposta comprenderá primeira e segunda equipación.

 

2.- O prazo vai desde este momento ata o mércores, día 23 de xullo, ás 16:00h.

 

3.- O grupo de traballo escollerá catro das propostas presentadas o mesmo mércores pola tarde.

 

4.- O mércores día 23 de xullo, a asemblea decidirá entre as catro propostas do grupo de traballo, cunha primeira votación da que sairán as dúas propostas máis votadas, e unha segunda volta na que se escolleran as cores definitivas entre as dúas anteriores. Esto realizarase para as dúas equipacións, polo que serán dúas votacións distintas, unha para cada unha delas.

5.- Deixamos un par de enlaces por se poden ser de axuda a hora de deseñar as nosas futuras equipacións.

- http://www.futbolparatodosweb.com/camisetas/futbol/home.html (non permite gardar, pero si facer unha captura de pantalla)

- http://www.mobelsport.es/configurador/ (permite gardar os deseños en formato jpg)

 

FORZA UNION DEPORTIVA OURENSE