Archivo de artículos

Asamblea do día 31 de xullo

29.07.2014 14:37
Confírmase unha nova Asamblea Xeral para o día 31 de xullo. Terá lugar ás 20:00h, no Salón de Actos do Centro Cultural da Deputación.

Asamblea Xeral o día 31 de xullo

29.07.2014 00:31
Ao longo do día de mañá confirmaremos a hora e o lugar nos que se realizará a seguinte Asamblea Xeral de Socios, que terá lugar o día 31 de xullo.

Concurso para a elección do escudo

29.07.2014 00:30
Ábrese de xeito público o proceso para escoller o escudo da Unión Deportiva Ourense, que finalizará o xoves, día 31 de xullo, na asamblea a celebrar en lugar e hora que se anunciarán o día 29 de xullo. Os pasos serán os seguintes: 1.- Tod@s os seareir@s que o desexen poden dirixir as súas propostas...

Estatutos e enmendas

22.07.2014 17:06
Deixámosvos os estatutos que se presentarán mañá na Iª Asamblea Xeral de Socios para a súa aprobación, e as normas para a presentación de enmendas. Estatutos UDO.pdf (118756)   enmendas.pdf (28767)  

Anuncio dos Estatutos

21.07.2014 23:14
Mañá pola mañá colgaremos nesta páxina os estatutos que serán presentados o mércores na Iª Asamblea Xeral de Socios. Aceptaranse enmendas e propostas de modificación por vía de correo electrónico, tal e como se indicará tamén no día de mañá.

Concurso para a elección das cores da Unión Deportiva Ourense

20.07.2014 23:37
Ábrese de xeito público o proceso para escoller as cores do novo clube, que finalizará o mércores, na asemblea a celebrar ás 20:00h, no Edificio Simeón.   Os pasos serán os seguintes:   1.- Tod@s os seareir@s que o desexen poden dirixir as súas propostas ao grupo de traballo constituído...

Comunicado e convocatoria da Iª Asamblea de Socios da Unión Deportiva Ourense

19.07.2014 00:26
Nestes últimos días estivemos traballando intensamente. A Unión Deportiva Ourense quedou rexistrada na Xunta, e inscrita na Federación Galega de Fútbol, na categoría de Terceira Rexional. Tamén se pagou o aval de 1500 euros para que poidan competir na campaña 2014-2015 un primeiro equipo e todas as...

Conta de twitter non oficial

11.07.2014 00:18
Dende a Plataforma SOSCDOURENSE queremos deixar claro que a conta @UDOurense é allea á mesma, e polo tanto non nos responsabilizamos do seu contido, nin o asumimos coma propio

Convocatoria para o xoves, 10 de xullo.

09.07.2014 17:46
A Plataforma de seareir@s de CD Ourense, SOSCDOURENSE Convoca a todas as persoas interesadas a unha nova reunión o próximo xoves 10 de xullo ás 20:00h no estadio de O Couto. Nesta reunión explicaranse os avances realizados nos últimos días de cara á creación dun novo clube representativo da cidade...

Proceso para escoller o nome do novo clube

07.07.2014 12:37
Ábrese de xeito público o proceso para escoller o nome do novo clube, que finalizará o xoves, na asamblea a celebrar ás 20:00h, no Estadio do Couto. Os pasos serán os seguintes: 1.- Tod@s os seareir@s que o desexen poden dirixir as súas propostas ao grupo de traballo constituído pola plataforma...
Elementos: 1 - 10 de 17
1 | 2 >>